6.5.07

Solicitude de Inscripción e Descargas

Solicitouse 1 crédito para as Xornadas da Curtametraxe Galega . Curtas.GZ

Descarga aquí a solicitude de inscripción (boton dereito> gardar como) e envíaa canto antes a curtas.gz@gmail.com

Se tes problemas coa descarga, manda un correo a curtas.gz@gmail.com con : nome, apelidos, DNI, email, telefono e titulación.



- Descargar cartaz en formato pdf (botón dereito > gardar como...)


- Descargar programa en formato pdf


- Descargar tríptico en formato pdf

Programa Martes 15 de Maio

"A actualidade"

10.30 – Promoción e axudas ao curtametraxismo en Galiza


Afonso Pato. Director de Onda Curta, TVG

Xoán Mariño. Director de Mr. Misto Films

12.00 – Festivais de Curtametraxes en Galiza


Beatriz Rodríguez. Festival Curtocircuito (Santiago)

Xoán Mariño. Festival ON/OFF (Ribadeo)
Afonso Pato. Festival de Cans

16.00 - Proxección “As Cores do Frío”(2006)

Anxo Cendal. Director de cinema.

17.00 - Proxección “A meiga chuchona”, “Longo sendeiro de pedra”

Pablo Millán. Director de animación.
Ana Lombao. Guionista de "A meiga chuchona"


18.00 – Proxección “Oficina. Interior. Día”(2007)

Manuel Tarrío Cao. Director de cinema.

Membros do equipo do equipo de producción

19.00 – Proxección “Meniña”(2006)

Dani García. Director de cinema.

20.00 - Proxeccións de "A guerra dos grelos" (2007)
Membros do equipo do equipo de producción

20.30 - Clausura xornadas e entrega de diplomas

Programa do Luns 14 de Maio

"Os Inicios"

10.00 – Recollida de acreditacións


10.30 – Inauguración das xornadas

Iván Area Carracedo. Vicerreitor de Relacións Institucionais da Universidade de Vigo
Ana Belén Fernández Souto. Directora da área de Extensión Universitaria da Vicerreitoría do Campus de Pontevedra
Bernal Rúa Fernández. Coordinador das Xornadas
Alberte Mera. Responsábel de Campus dos CAF

10.45 – Inicios da curtametraxe na Galiza

José Luis Castro de Paz. Profesor da Universidade de Vigo. Historiador do cinema

12.15 - Curtametraxismo documental en torno a Galiza durante a
República e o Franquismo.

Xosé Nogueira. Profesor da Universidade de Santiago.Historiador do cinema
Filmes: O CARRO E O HOME (Román, 1940) / GALICIA (Carlos Velo, 1936)


16.00 - Curtametraxismo de ficción durante a creba da dictadura

Miguel Anxo Fernández. Profesor da Univ. de Vigo. Historiador e crítico de cinema
Proxeccións e coloquio:
“Fendetestas” (1975), co director Antonio Simón
“O Pai de Migueliño”(1977), co director Miguel Castelo

18.00 – Documentalismo comprometido: Carlos Varela

Ramiro Ledo. Director e documentalista.



19.00 - A importancia do curtametraxismo na xestación dun cinema galego

Xavier Villaverde. Director e productor de cinema
Carlos L. Piñeiro. Profesor da EGACI. Guionista e realizador
Manuel Abad. Realizador da TVG
Pepe Coira. Profesor da Univ. de Vigo. Productor e crítico de cinema

20:30 - Proxección de Mamasunción (Chano Piñeiro, 1984)

Presentación

As I Xornadas da Curtametraxe Galega (“Curtas.gz”) nacen a partir da iniciativa do estudantado organizado nos CAF (Comités Abertos de Facultade) e mais do Cineclube da Facultade de Ciencias Sociais, de recente creación. Terán lugar os días 14 e 15 de Maio na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación de Pontevedra.

Os nosos obxectivos son:

  • Dar a coñecer a xénese e evolución da curtametraxe na Galiza, desde os seus inicios no cinema silente até o cinema afeccionado dos anos 70 e 80, canteira de formación dos valores do cinema galego actual.
  • Servir de ponto de encontro para o debate en torno á realización de curtas na actualidade, promovendo a creación audiovisual no noso idioma.
  • Converter o Cineclube da Facultade de Ciencias Sociais nun referente para a promoción e estudo da curtametraxe galega
  • Reivindicar a necesidade dun cinema proprio como símbolo da vitalidade cultural do noso país.

A programación pretende dar a coñecer os inicios, traxectoria e panorama actual do curtametraxismo en Galiza, dun modo sintético e didáctico. Está estruturada en 2 días, en xornadas de mañá e de tarde, onde terán lugar, de maneira alternada, ponencias, mesas
redondas, debates e proxeccións.

No primeiro día , titulado “Os Inicios”, pretendemos dar unha visión global da etapa embrionaria do curtametraxismo, coincidente cos comezos do cinema silente no noso país.
Seguindo un criterio cronolóxico trataremos as fases seguintes, facendo especial fincapé nos anos 70. Poremos en valor o cinema afeccionado que xorde nesta etapa, canteira do cinema galego actual. Unha mesa redonda, onde participarán os principais protagonistas desta etapa, dará conta da vitalidade da producción galega na altura.

O segundo día, titulado “Actualidade”, intentaremos dar unha visión do panorama actual do curtametraxismo en Galiza, comezando as xornadas cun debate sobre a promoción e axudas ao curtametraxismo, así como unha mesa redonda na cal se daría conta dos certames de curtas máis importantes do país, contando cos seus organizadores. Durante a tarde, terán lugar proxeccións de curtas galegas coa presenza dos seus directores.

As Xornadas da Curtametraxe Galega contan coa colaboración da Vicerreitoría de Relacións Institucionais da Universidade de Vigo, coa Vicerreitoría do Campus de Pontevedra e mais do Concello de Pontevedra